Quen somos?

No ano 2001 xuntámonos un grupo de país e nais preocupados por darlle unha atención de calidade aos nosos fillos e fillas. Naqueles intres moitos de nós xa se atoparan con moitos obstáculos, tanto no diagnóstico, como nas posibles informacións, asesoramentos, orientacións, intervencións… posteriores.

Por iso, conscientes desta situación puxémonos a traballar para acadar uns mellores servizos para os cativos e cativas. Hoxe en día dispoñemos da colaboración de varios profesionais que levan os programas de atención e intervención a domicilio (psicolóxica, psicopedagóxica, logopédica, psicomotriz…), programas de Musicoterapia, Ocio e tempo de lecer…no que participan persoas con todo tipo de diversidades funcionais: Trastornos xerais do desenvolvemento (TXD) e do Espectro Autista (TEA), Síndrome de Ásperger, Síndrome de Williams, Síndrome X Fráxil, Síndrome de Sotos, Dandy-Walker, TDAH…

PROFESIONAIS DO EQUIPO TÉCNICO

Na actualidade contamos con diversos profesionais que se encargan de levar a cabo todos os programas que ofrecemos ás familias.

O noso equipo conta con Doutores en psicoloxía, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, especialistas en psicomotricidade, musicoterapia, atención temperá, educación física, pedagoxía terapêutica, educación infantil, ócio e tempo de lecer…

 

Contamos con especialización no ámbito da Atención á diversidade, nos trastornos da linguaxe e comunicación, os trastornos xerais do desenvolvemento e o autismo, na orientación profesional, os Recursos Humáns, Atención familiar…

Así mesmo contamos co apoio de voluntarios especializados en diferentes ámbitos cos que traballamos para mellorar a vida das persoas con diversidade funcional.

Contacte connosco

Política de Privacidade

15 + 8 =

Estamos preto de ti!

Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.

LLamanos al 654 847 865

Teléfono

(+34) 654 847 865

Enderezo

Tierno Galván, 20 2º F Culleredo (A Coruña)

Email

dismacor@dismacor.org