Voluntariado
Por que ser voluntario?
Moitas persoas mobilizáronse ao longo da historia preocupadas polo benestar dos demais. Porén, hoxe en día sabemos que cada persoa ten motivacións diferentes á hora de decidir participar como voluntario dunha organización.
A continuación indicamos algunhas das motivacións que nos manifestan os voluntarios que se achegaron a DISMACOR nos últimos anos:
– Transformación da sociedade.
– Solidariedade e desexo humanitario de axudar aos demais.
– Participación en tarefas grupais.
– Programas e tarefas da asociación.
– Ocupación do tempo libre.
– Necesidade de pertenza a un grupo.
– Autogratificación persoal.
– Novos coñecementos e técnicas.
– Dar sentido á vida.
Ser voluntario…
Ser voluntario implica exercitarse como cidadán facilitando unha participación que acada a súa máxima expresión dende a solidariedade e a xustiza.
Ser voluntario é unha forma de participación organizada das persoas na búsqueda dunha solución aos problemas que afectan á sociedade no seu conxunto, mediante a asunción de compromiso e cooperación.
Ser voluntario supón realizar un conxunto de actividades de interese xeral, sempre que non se realice en virtude dunha relación laboral, mercantil ou funcionarial e que reúna os seguintes requisitos:
– Que sexa de carácter altruísta e solidario
– Que se leven a cabo sen contraprestación económica, sen prexuízo do dereito ao reembolso dos gastos derivados da actividade voluntaria.
– Que o seu desenvolvemento sexa libre.
– Que se realice a través de organizacións privadas ou públicas e en base a proxectos concretos.
Que podo facer en DISMACOR como voluntario?
Tipos de programas e actividades
Estas son algunhas das tipoloxías de programas e actividades coas que colaboran os voluntarios dentro da nosa Asociación.
• Participación en actividades de Ocio e tempo de lecer.
• Apoio para a habilitación persoal e social.
• Actividades vinculadas ao mantemento e xestión da Asociación.
Tarefas dos voluntarios/as en DISMACOR
Estas serían algunhas das tarefas que realizan os voluntarios e voluntarias en DISMACOR.
• Colaborar no deseño e desenvolvemento de actividades deportivas de xogos e ocio.
• Incentivar e promover a participación.
• Establecer lazos de conexión co contorno comunitario próximo.
• Axudar no traslado a outros lugares.
• Proporcionarlles tempo de respiro aos coidadores primarios.
• Acompañamento e apoio en xestións.
• Apoio en estudos.
• Apoio en tarefas administrativas.
• Orientar en aspectos relacionados co mundo laboral.
Contacte connosco
Estamos preto de ti!
Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.
654 84 78 65 / 604 86 33 41
Teléfono
(+34) 654 847 865
(+34) 604 863 341
Enderezo
Centro Asociativo A Escada
Rúa Manuel Azaña, 2 (Antig. Ofic. da Cross), O Burgo - Culleredo (A Coruña)
dismacor@dismacor.org