Formación
Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.
Conscientes desta situación, dende Dismacor pretendemos achegar á sociedade o mundo das persoas con diversidade funcional. Desgraciadamente, é así, a maior parte dos integrantes da sociedade consideran que as persoas con discapacidade viven nun mundo aparte, diferente ao resto. Este pensamento conleva que siga existindo esa liña imaxinaria que nos separa; a sociedade non se decata de que todos somos cidadáns de primeira, cos nosos deberes e cos nosos dereitos; e cada un de nós debemos de poder gozalos. Non somos conscientes de que o mundo no que vivimos é de todos pero está deseñado para uns cantos, impedindo deste xeito que todos sintámonos como parte del.
Un dos nosos obxectivos é “Concienciar á sociedade de que todos vivimos no mundo e que todos temos dereito a gozar e participar nel”. Por iso, ao longo do ano traballamos en diferentes accións formativas para crear esa conciencia e compromiso social.
Desde DISMACOR ofertamos formacións especializadas de divulgación sobre as diferentes diversidades, modelos de intervención en contorna natural, atención a domicilio… desprazándonos aos lugares que o demanden (centros escolares, outras entidades, concellos…).

Contacte connosco
Estamos preto de ti!
Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.
604 86 33 41
Teléfono
(+34) 604 863 341
Enderezo
Centro Asociativo A Escada
Rúa Manuel Azaña, 2 (Antig. Ofic. da Cross), O Burgo - Culleredo (A Coruña)
dismacor@dismacor.org