Autodeterminación
Imos procurar que as persoas con diversidade funcional sexan o máis autodeterminadas posibles xa que a investigación indica que fomentar a autodeterminación ten repercusións no desenvolvemento e na calidade de vida das persoas e por iso tentamos procurárllela aos nosos fillos e fillas.
Wehmeyer no ano 1992 empregou a seguinte definición de autodeterminación a cal recollemos xa que entendemos que é a máis aceptada e difundida.
“Autodeterminación é o proceso polo cal a acción dunha persoa é o principal axente causal da súa propia vida e das eleccións e toma de decisión sobre a súa calidade de vida, libre de influencias externas ou interferencias.”

A conduta autodeterminada é unha característica disposicional da persoa. En térmos operativos, as accións autodeterminadas reflicten catro características principais:
-
Autonomía,
-
Autorregulación,
-
Capacitación psicolóxica (“empowerment”)
-
Autorrealización.
Estas catro características principais xorden a medida que as persoas adquiren os elementos compoñentes da autodeterminación, entre os que inclúense a elección e toma de decisións, a resolución de problemas, o establecemento de metas e a adquisición de habilidades; o lugar de control interno; a autoeficacia positiva e as expectativas de resultado; o autoconocimiento e a comprensión (Wehmeyer, 1996a, 1996b; Wehmeyer, Kelchner e Richards, 1996).
Contacte connosco
Estamos preto de ti!
Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.
604 86 33 41
Teléfono
(+34) 604 863 341
Enderezo
Centro Asociativo A Escada
Rúa Manuel Azaña, 2 (Antig. Ofic. da Cross), O Burgo - Culleredo (A Coruña)
dismacor@dismacor.org