Apoios
Das necesidades que aparecen na vida xorde a demanda de apoios e axudas que necesitan as persoas para potenciar a súa aprendizaxe e desenvolvemento.
O modelo de Apoios determina a vida con apoios, primeiro na rede natural da persoa (os apoios que nos ofrecen os nosos país, nais, familia, amigos…) e cando esta rede non pode ofrecer a axuda necesaria entra en escena a rede dos profesionais dos servizos.
Desde este modelo trátase de brindar as axudas que necesitan as persoas con diversidade funcional para ter as vidas que desexan ter e que poden manter. O cambio que queremos provocar con este plantexamento sintetizase en ver a estas persoas non polas súas carencias senón polas súas posibilidades.


Estes apoios son definidos por Luckasson (en Schalock, 2003) como os recursos e estratexias destinados a mellorar o desenvolvemento, a educación, os intereses e o benestar persoal dunha persoa e que permiten o seu funcionamento individual.
“Todas as persoas precisan apoios nalgún intre da súa vida. Eu mesma estaría perdida en Xapón ao non comprender o xaponés. Aos nosos fillos e fillas sucédelle algo similar… necesitan apoios. Algúns para comunicarse, outros para relacionarse, outros para …”
Nai dun cativo cun trastorno no neurodesenvolvemento.
Contacte connosco
Estamos preto de ti!
Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.
604 86 33 41
Teléfono
(+34) 604 863 341
Enderezo
Centro Asociativo A Escada
Rúa Manuel Azaña, 2 (Antig. Ofic. da Cross), O Burgo - Culleredo (A Coruña)
dismacor@dismacor.org