Autodeterminación
Felicidade non é facer o que un quere senon querer o que un fai.
(1905-1980) Filósofo e escritor francés.
A calidade de vida defínese en térmos xerais como o benestar, felicidade e satisfacción dun individuo, que lle outorga a éste certa capacidade de actuación, funcionamento ou sensación positiva da súa vida. A súa realización é moi subxectiva, xa que se ve directamente influída pola personalidade e a contorna no que vive e desenvólvese o individuo.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a calidade de vida é:
«A percepción que un individuo ten do seu lugar na existencia, no contexto da cultura e do sistema de valores nos que vive e en relación coas súas expectativas, as súas normas, as súas inquedanzas. Trátase dun concepto moi amplo que está influído de modo complexo pola saúde física do suxeito, o seu estado psicolóxico, o seu nivel de independencia, as súas relacións sociais, así como a súa relación cos elementos esenciais da súa contorna».
Nós queremos e buscamos a calidade de vida para as nosas familias e por iso acollémonos ao modelo de calidade de vida familiar de Shalock e Verdugo (2003).
Para estos autores a calidade de vida familiar dependería das seguintes dimensións:
- Benestar emocional
- Saúde física e seguridade
- Benestar económico
- Relacións /Funcionamento familiar.
- Apoios
- Produtividade
- Implicación na comunidade e defensa
- Ocio e tempo de lecer
Contacte connosco
Estamos preto de ti!
Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.
604 86 33 41
Teléfono
(+34) 604 863 341
Enderezo
Centro Asociativo A Escada
Rúa Manuel Azaña, 2 (Antig. Ofic. da Cross), O Burgo - Culleredo (A Coruña)
dismacor@dismacor.org