Atención psicolóxica e logopédica a domicilio
Servizo adicado á intervención nos trastornos do desenvolvemento, alteracións da comunicación, problemas de conduta… É un servizo dirixido a persoas que debido á súa diversidade funcional, requiran de asistencia psicolóxica, estendéndose á abordaxe familiar, escolar, comunitaria e institucional cando corresponda.


Con este programa bríndase atención psicolóxica, logopédica e social á persoa e a súa familia a partir de demandas asociadas á súa diversidade funcional. Realízase a intervención individualizada da persoa con diversidade funcional e un asesoramento fronte á inclusión educativa ou laboral.
Contacte connosco
Estamos preto de ti!
Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.
604 86 33 41
Teléfono
(+34) 604 863 341
Enderezo
Centro Asociativo A Escada
Rúa Manuel Azaña, 2 (Antig. Ofic. da Cross), O Burgo - Culleredo (A Coruña)
dismacor@dismacor.org