Programa de Psicomotricidade
Este servizo integra as interaccións cognitivas, emocionais, simbólicas e sensomotrices na capacidade de ser e de expresarse nun contexto psicosocial, desempeñando un papel fundamental no desenvolvemento harmónico da personalidade, e aumentando a capacidade de interacción das persoas con diversidade funcional e a súa contorna.


Segundo Berruazo (1995) a psicomotricidade é un enfoque da intervención educativa ou terapéutica cuxo obxectivo é o desenvolvemento das posibilidades motrices, expresivas e creativas a partir do corpo, o que lle leva a centrar a súa actividade e interese no movemento e o acto, incluíndo todo o que se deriva diso: disfuncións, patoloxías, estimulación, aprendizaxe, etc.
Obxectivos
-
A nivel motor. Permitir á persoa dominar o seu movemento corporal.
-
A nivel cognitivo. Mellora da memoria, a atención e concentración e a creatividade do neno.
-
A nivel social e afectivo. Facilitar ás persoas como coñecer e afrontar os seus medos e relacionarse cos demais.
Contidos
-
Esquema Corporal
-
Lateralidade
-
Equilibrio
-
Espazo
-
Tempo-ritmo motricidade grosa.
-
Motricidade fina.
Contacte connosco
Estamos preto de ti!
Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.
LLamanos al 654 847 865
Teléfono
(+34) 654 847 865
Enderezo
dismacor@dismacor.org