Programa de cociña

O programa de cociña céntrase no desenvolvemento de condutas nutricionais axeitadas, sas e equilibradas, a través de:

· Estimular o interese pola comida sa.

· Desenvolver os procesos lóxicos (asociación, clasificación…)

· Desenvolver os procesos cognoscitivos (manipular, mesturar, separar…)

· Promover o aseo, hixiene, hábitos alimentarios…

Metodoloxía

Se se ten en conta que os cativos aprenden a través do contacto e da relación directa coa contorna que lle rodea, a cociña é un espazo privilexiado que lle ofrece para aprender xogando. Aquilo que os cativos/as aprenden xogando, permanecerá na súa memoria para o resto da súa vida.

Facer receitas de cociña, elaboralas e manipular alimentos resulta moi divertido. Podendo ser de gran importancia motivar aos nenos/as e implicalos en cada actividade para desenvolver condutas nutricionais adecuadas e equilibradas.

Durante o programa, os nenos e nenas fortalecen e desenvolven:

  • O sentido do traballo en equipo
  • Hábitos de hixiene
  • Hábitos alimentarios
  • A lectura: interpretación de símbolos e recoñecemento de novas palabras.
  • Habilidade científica: (Combinación de alimentos, coñecementos sobre a saúde, nutrición, conservación de alimentos…)
  • Habilidade matemática: (Manexo de proporcións, manexo de tempos, recoñecemento de unidades de medida…)
  • Habilidades psicomotrices (cortar, mesturar, amasar, espolvorexar…)
  • Autonomía.
  • A creatividade.

Contacte connosco

Política de Privacidade

2 + 1 =

Estamos preto de ti!

Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.

654 84 78 65 / 604 86 33 41

Teléfono

(+34) 654 847 865

(+34) 604 863 341

Enderezo

Centro Asociativo A Escada

Rúa Manuel Azaña, 2 (Antig. Ofic. da Cross), O Burgo - Culleredo (A Coruña)

Email

dismacor@dismacor.org