Programa de Atención Temperá
Este programa vai dirixido a facilitar o desenvolvemento dos cativos de 0-6 anos que presentan trastornos no seu desenvolvemento ou que teñen o risco de padecelos. Comprende a atención a un grupo de nenos/as co obxectivo de animalos a explorar a súa contorna tentando influír en todas as áreas do seu desenvolvemento.


Nalgúns grupos a actividade realízase coa presenza e colaboración dun adulto (pai, nai, avó…) do cativo/a de maneira que se lles ofrecen situacións para a estimulación e aprendizaxe conxunta. Así mesmo os profesionais dan orientacións ás familias para continuar traballando nas casas de maneira que se xeralizan os progresos.
Contacte connosco
Estamos preto de ti!
Vivimos nunha sociedade pensada para a maioría e na que non existe unha conciencia social sobre a situación de discriminación que están vivindo as persoas con diversidade funcional. Por esta razón “o problema” é só duns poucos, e son eles os que deben de buscar a solución.
LLamanos al 654 847 865
Teléfono
(+34) 654 847 865
Enderezo
dismacor@dismacor.org